Skip to main content

AXUDA BONO ELÉCTRICO

Axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social.

Podes consultar a convocatoria e descargar a solicitude na seguinte ligazón

A quen vai dirixido?

1. Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.

2. Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo, e ademais estean en risco de exclusión social, debendo estar esta situación acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes.

Requisitos

Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da axuda son:

a) Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica.

c) Ter contratado o prezo voluntario ao pequeno consumidor (PVPC) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.

d) Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.

Xunta de Galicia

Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra

Fernández Ladreda, 43-5º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805213/ 986805222

boavida rural, boavidainclusionactiva