Integral rural
En consonancia cos obxectivos establecidos pola Axenda 2030 cara a un mundo máis xusto, inclusivo e sostible, o desenvolvemento rural é considerado como unha das áreas clave, no sentido da oportunidade que presenta para formular políticas nos territorios con capacidade de crear sinerxias e así avanzar cara á inclusión e o desenvolvemento sostible
A atención a persoas maiores debe dar solución a un amplo abanico de demandas asistenciais. Debe responder, en distinta medida, ás súas necesidades sanitarias, pero tamén ás súas demandas sociais, en atención ao seu grao de autonomía e situación familiar, pero tamén intereses e desexos acerca de onde preferirían recibir os tratamentos e coidados.
En Boa Vida pretendemos asistir á persoa maior atendendo a todas estas circunstancias, tanto en domicilio, como no propio centro, e acompañando á familia en cada fase do proceso de envellecemento.
Creamos espazos de participación e lecer saudable para a mocidade, contribuíndo deste xeito á fixación da poboación no rural.
Afrontamos de maneira colectiva os retos principais da comunidade sempre desde o prisma da sustentabilidade, a igualdade de oportunidades e a non discriminación.
Neste sentido, desde este proxecto analízanse, compártense e desenvólvense de maneira comunitaria experiencias innovadoras para a sustentabilidade do medio rural, constituíndose como unha vía de intercambio de coñecemento, aprendizaxe e traballo en rede entre os diferentes actores que compoñen o territorio.
Estamos de celebración, xa son 9 anos os que a Asociación Boa Vida segue na loita polos dereitos dos que o precisan e contra a pobreza.
Pouco a pouco imos facendonos máis grandes, pero este camiño non sería posible sen ti.
Para celebrar o novo aniversario temos preparado dous eventos para esta semana:
Xoves 15 de abril as 19:00, na ODDS e tenda solidaria (Rúa da Seca, 3 – Pontevedra), presentación da nova tenda e proxección de fotografías, tampouco faltará a música e as boas conversas.
Sábado 17 de abril as 11:00, na Praza da Peregrina, posto informativo e exposición de produtos reciclados.
Animate a pasar connosco este novo aniversario, agardámoste.
Bo Nadal e que o #ano2021 entre nos vosos fogares cheo de boas novas. @AsociacionBoaVida Boa Vida Rural Boa Vida – Tenda Solidaria #boavidainclusionactiva |
Finalizamos os dous obradoiros de prevención e sensibilización sobre o COVID 19 co alumnado de 1º,2º,3º e 4º de ESO .
O 4 de decembro, EAPN organiza unha xornada para afrontar a desigualdade territorial no acceso a dereitos como a vivenda e o emprego, así como para loitar de xeito eficaz contra a pobreza e a exclusión social.
Dirixida a entidades e persoas vinculadas ao medio rural, o prazo de inscrición estará aberto ata o 2 de decembro.
O sábado pasado Compartimos Lecer , grupo de participación e lecer xuvenil, plasmou as súas ideas e sentires nas bancadas do campo de futbol de Pontedeva.
Estamos a levar a cabo unha campaña de difusión Contra a Violencia de Xénero na que queremos que participes.
Desde que comezou a pandemia, o noso proxecto de “Aldeas Activas e Saudables” tomou unha perspectiva moito máis individual e non tan grupal como nos gustase, pero isto non fixo que deixásemos de acompañar e fomentar unha estimulación cognitiva e motora entre as nosas veciñas e veciños máis maiores, con especial atención a aquelas persoas que sofren máis a soidade.
Hoxe comezaron os obradoiros “Atopándonos na Diversidade” , que durante este mes de novembro desenvolveremos no CPI Padrenda-Crespos.
A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.
Pontevedra - Ourense
674 137 604 | 986 848 159