Continuamos cos traballos realizados na horta estes primeiros meses do ano
Dende a asociación Boa Vida e a través do proxecto Vivir co Rural, continuamos cos traballos realizados na horta estes primeiros meses do ano:
Para empezar o ano preparamos o novo equipo e o traballo do espazo.
En canto ao equipo, comezamos 13 persoas, máis o integrador social e a os 4 voluntarios de horta, reforzamos o traballo de equipo coas asambleas e traballo cooperativo para a resolución de conflictos, contamos cunha nova colaboración para os tempos de descanso, co parroco que reside na actualidade na casa de Alba que nos coida con infusions e tempo de escoita.
Por outro lado para encarar o traballo do espazo realizamos dúas actividades xerais:
Nova distribución de bancais na zona comunitaria para optimizar o espazo, entre todos decidimos o que queremos plantar neles. Utilizaremos a técnica de asociación de cultivos que consiste en cultivar diferentes especies nun mesmo espazo co fin de provocar relacións simbióticas entre elas. Desta maneira obtéñense importantes beneficios relacionados cun mellor aproveitamento de nutrintes, un control de pragas mais eficiente e unha maior produtividade dos cultivos.
Preparamos semilleiros e prantación de cenouras, allos, cebolas, repolos, coliflor, brecol, rabanitos, espinacas e esparragos
Formación a Horta no Inverno:
Durante 5 días, ofrecemos esta formación na que puiderón participar persoas de fora da asociación, neste caso so se apuntaron 5 participantes o resto forón coñecidos, en total 20 persoas.
Os obxectivos foron dous: o primeiro deles introducir o traballo agrícola no primeiro trimestre do ano, e o segundo facilitar coñecementos prácticos de envasado de cítricos, os contidos que se trataron foron: Introdución ó traballo no inverno, podas e semilleiros, acolchados para a prevención de xeadas, materia orgánica compostaxe, practicas a evitar é envasados produtos da horta.
A aprendizaxe foi moi enriquecedora non só polos contidos, senón tamén polo intercambio de experiencias coas persoas que participan na horta habitualmente con outras novas, intercambiando experiencias e saberes que cada un leva consigo mesmo.
Queremos destacar a construcción dun hotel de insectos que se levou a cabo a proposta e coa guia, do noso voluntario Roberto Quinteiro e algúns dos integrantes da horta, é un refuxio artificial fabricado con distintos materiais como canas, cartón, cascas, palla etc, e que ten como obxectivo controlar as pragas, estes animais unha vez establecidos alimentaranse das pragas que afectan os nosos cultivos, así teremos un aliado mais que nos axudara a combater as pragas de forma ecolóxica, sen químicos nin pesticidas tóxicos.
Como ven sendo habitual séguese co coidado das galiñas, labor que realizan os participantes de forma voluntaria tódolos días, establecendo quendas para que esten en perfectas condicións, encárganse de que teñan diariamente a disposición comida, auga e a posibilidade de saír do curral o exterior a diario, os xoves repartimos os ovos que están dando, unha media de tres ducias semanais.
Coincidindo coa visita a Boa Vida dunha delegación da EAPN Letonia, composta de dúas especialistas en ongs co obxectivo de coñecer o traballo que realizamos dende a asociación sobre a inclusión social e a loita contra o cambio climático, pasaron pola nosa horta para ver en situ o espazo e as persoas, compartindo unhas horas de reflexión grupal sobre a importancia de coidar o medio ambiente e como somos participes a traves da nosa forma de organizar e xestionar a horta cos valores mais axeitados para protexer a natureza.
Tamén estes dias gravouse unha entrevista para a TVG onde falou o coordinador do proxecto Santiago Barros, co resto do equipo da asociación, sobre o importante que son as persoas e o que significa para eles participar deste proxecto. Esta gravación sairá emitida dentro duns meses, avisaremos!!!
Continuamos coas charlas en centros educativos, esta vez 2 conferencias o CIFP A Xunqueira e 3 centros de primaria de Xeve, Lérez e Salcedo, agradecemos a voluntaria Aurea Goitia a súa participación nesta actividade que promociona a educación en valores con especial incidencia no medio ambiente.
boa vida, Boa Vida Rural, EAPN, Hotel de insectos, inclusión social, Vivir do Traballo