Skip to main content

XI Escola de Verán

Formación e exposicións para a loita contra a pobreza

No décimo aniversario da entidade a XI Escola de Verán organizouse en tres xornadas de formación social e política e unha exposición que uneu dar a coñecer ó fundador de Traperos de Emaus Abbé Pierre co traballo práctico do atelier téxtil. As actividades foron de balde e abertas a todo o público interesado.

 As xornadas desenvolvéronse os dias 1, 2 e 5 de setembro e contou con varias conferencias e unha doble exposición de traballos textiles e documentos da vida e obra do fundador de Emaús.

O xoves 1 de setembro a Escola de Verán estreouse  coa inauguración da exposición sobre a vida persoal e o activismo político, nun percorrido detallado sobre a figura do fundador de Traperos de Emaús, Abbé Pierre, movemento internacional do que Boa Vida forma parte e co que comparte o seu ideario, baseado no dereito a vivir do traballo, de solidariedade cos que máis sofren e de loita contra as causas que producen pobreza. No mesmo espacio expuxéronse tamén os traballos feitos no atelier textil.

As conferencias tiveron tres focos de atención, centradas nas necesidades da poboación en situación de pobreza e ou exclusión, estiveron cofinanciadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

O xoves pola tarde, Gemma Vilas mediadora intercultural e Maribel Álvarez avogada especialista en migracións, deron unha conferencia para poñernos ao día do novo decreto 629/2022, polo que se modifica o Reglamento da lei de estranxeiría nas condiccións para acceder aos permisos de residencia e traballo e que está sendo materia de moitas solicitudes de información na Asociación Boa Vida nas últimas semanas.

O segundo bloque centrouse na formación política,onde o director de Traperos de Emáus de Pamplona, José María García, fíxonos entender e traballar na importancia da política nas nosas vidas, xa que impregna dende o noso xeito de pensar ate o xeito que temos de actuar apelando tamén á conciencia cidadá como único camino para poder cambiar as cousas. Para iso, o director desta fundación social e ambiental animou ás cidadáns a “interactuar” coas realidades sociais, políticas económicas “nas que nos movemos”e que, segundo sinalou, “son as causantes de todos os elementos de pobreza e exclusión”.

“Temos que facer unha reflexión quen os faga ser máis donos de nós mesmos e crear marcos de reivindicación e de propostas para unha sociedade moito máis inclusiva, xusta e repartida”,sinalou José María García. Tras lembrar que só o 25% da poboación mundial cobre as súas necesidades básicas, García pediu que os cidadáns “cuestionen” a súa forma de consumo ou a relación coa súacontorna, buscando unha “amabilidade social” que permita unha vida “equilibrada e digna”.

Para rematar o luns 5 de 17h a 19h da tarde, Lourdes Bustamante explicou os inicios e percorrido do atelier textil, no que se reutilizan principalmente as prendas vaqueras convertíndoas en todo tipo de novos productos dende delantais, coxins, bolsas ou bandexas baleira bolsiños.

boa vida, boavidainclusionactiva, formación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *