Skip to main content

🌿 Un fogar que se comparte é un fogar que medra

Hai persoas que teñen unha casa chea de silencio… e tamén outras que buscan un lugar onde sentirse acollidas, escoitadas e vividas. Fogares Creativos é unha proposta profundamente humana e esperanzadora que xorde para unir a esas persoas e transformar a soidade non desexada en convivencia, afecto e vida compartida.

Queremos poñer en valor o fogar como espazo de coidado, cultura e encontro. Porque vivir acompañadas, acompañados, cambia o xeito en que sentimos o mundo, e tamén como o habitamos.

Se pensas que o teu fogar podería acoller a alguén, esta iniciativa está pensada para ti. Cun acompañamento próximo, agarimoso e seguro, facilitamos que se creen convivencias reais, sostibles e cheas de humanidade.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *