Skip to main content

AVISO LEGAL


LEI DOS SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN (LSSI)

A ASOCIACIÓN FILANTRÓPICA INCLUSIÓN SOCIAL ACTIVA BOA VIDA (Boa Vida Inclusión Activa), responsable do sitio web, en diante RESPONSABLE, pon á disposición dos usuarios o presente documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigas establecidas na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSICE), BOE n.º 166, así como informar todos os usuarios do sitio web sobre cales son as condicións de uso.

Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e ao cumprimento rigoroso das disposicións aquí establecidas, así como de calquera outra disposición legal que resulte de aplicación.

Boa Vida Inclusión Activa resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios tales modificacións, entendéndose como suficiente a súa publicación no sitio web da Asociación Filantrópica Inclusión Social Activa Boa Vida.

1. DATOS IDENTIFICATIVOS

  • Nome de dominio: boavida.org

  • Nome comercial: Boa Vida Inclusión Activa

  • Denominación social: Asociación Filantrópica Inclusión Social Activa Boa Vida

  • NIF: G94056215

  • Domicilio social: Rúa Echegaray 10, 2.º Esq., 36002, Pontevedra

  • Teléfono: 698124762

  • Correo electrónico: comunicacion@boavida.org

  • Inscrita no Rexistro:

2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O sitio web, incluíndo, a título enunciativo e non limitativo, a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, así como os deseños, logotipos, textos e/ou gráficos, son propiedade do RESPONSABLE ou, de ser o caso, este dispón da licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.

Independentemente da finalidade para a que se destinen, a reprodución total ou parcial, o uso, a explotación, a distribución e a comercialización requiren, en todo caso, a autorización escrita previa por parte do RESPONSABLE. Calquera uso non autorizado previamente considérase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

Os deseños, logotipos, textos e/ou gráficos alleos ao RESPONSABLE que puidesen aparecer no sitio web pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo estes os responsables de calquera posible controversia que puidese xurdir respecto deles. O RESPONSABLE autoriza expresamente que terceiros poidan redirixir directamente aos contidos concretos do sitio web e, en todo caso, ao sitio web principal de boavida.org.

O RESPONSABLE recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. A súa simple mención ou aparición no sitio web non implica a existencia de dereitos ou responsabilidade ningunha sobre eles, nin tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte do RESPONSABLE.

Para realizar calquera tipo de observación respecto de posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico comunicacion@boavida.org.

3. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADES

O RESPONSABLE queda exento de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo a el.

Política de ligazóns

Desde o sitio web é posible que se redirixa a contidos de sitios web de terceiros. Dado que o RESPONSABLE non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus respectivos sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto destes contidos. En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, así como á retirada inmediata da redirección ao devandito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.

O RESPONSABLE non se fai responsable da información e dos contidos almacenados, a título enunciativo e non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do RESPONSABLE. Porén, e en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSICE, ponse á disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, de ser o caso, no bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, pregáselle que o notifique de forma inmediata ao administrador do sitio web.

Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o seu correcto funcionamento os 365 días do ano, as 24 horas do día. Porén, o RESPONSABLE non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación ou que se produzan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.

Enderezos IP

Os servidores do sitio web poderán detectar automaticamente o enderezo IP e o nome de dominio utilizados polo usuario. Un enderezo IP é un número asignado automaticamente a un ordenador cando este se conecta a Internet. Toda esta información rexístrase nun ficheiro de actividade do servidor debidamente inscrito, que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións exclusivamente estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servidores web, a orde das visitas, o punto de acceso, etc.

4. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou coas actividades desenvolvidas nel, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes. Serán competentes para a resolución de todos os conflitos derivados do seu uso ou relacionados con el os xulgados e tribunais do domicilio dos usuarios afectados.