A EQUIPA MÁIS EFECTIVA E COMPROMETIDA
Persoas altamente cualificadas que se encargarán de escoitarte e axudarche. Persoas provintes de diferentes campos da intervención social, Traballo Social, Psicoloxía ou a Orientación Laboral.

A Asociación FISA Boa Vida conta con persoal mixto, que presta servizos aos dous programas marco da entidade. Por un lado o personal da Oficina de Dereitos e Deberes Sociais que son persoal de administración e contabilidade e o relativo a orientación laboral en tendas é itinerarios, e por outro lado a empresa de inserción, con persoal que presta servizos releacionados ca actividade propia da empresa de inserción.
Analizamos separadamente o persoal da Oficina de Dereitos e Deberes Sociais no 2025. Contamos con 10 traballadores, dos cales a traballadora social que tamén exerce as funcións de coordinadora, e os perfís de intervención social clásicos de traballo social, psicoloxía, mediadora intercultural, pedagoxía especializada en intervención social, integracion social e grado en dereito especialista en migracións.
Perfil e nº
- Administración media xornada: 2
- Asesoría xurídica: 1
- Coordinación: 1
- Integracion Social: 1
- Monitora Vivir co Rural: 1
- Pedagoxía: 1
- Psicoloxía: 1
- Traballo Social: 2
Contamos tamen con persoas profesionais externas que son importantes xa que interactuan coas persoas participantes e facilitan o proceso de inclusión, entre elas contamos con especialistas en supervisión, permacultura, reciclaxe textil, formación en manitas (construcción) e limpeza.