É un espazo aberto para o intercambio de información, formación e apoios; para defender e conseguir dereitos: emprego, axudas sociais, vivenda, alimentación, etc.
ODDS de Boa Vida
Dende aquí proporcionámosche información e formación con ferramentas que che axudarán a desenvolver a autonomía, igualdade de oportunidades e liberdade, para poderes mellorar as túas condicións económicas e aplicar aqueles dereitos que che permitan o acceso a unha vida digna.
Sexa cal sexa o camiño que vaias seguir connosco, adoitamos organizar charlas orientativas grupais para que poidas coñecer de primeira man todo canto che podemos ofrecer e preguntar as dúbidas que che xurdan.
Publicamos regularmente na sección blog e nas redes sociais de Boa Vida as datas das vindeiras charlas de primeira acollida.
Temos demostrado que con só dúas reunións mensuais se pode reducir a pobreza relacional, aprendendo a compartir experiencias para xuntas podermos entender as diferentes realidades (pobreza/riqueza, feminismo/machismo, EXCLUSIÓN/INTEGRACIÓN…)
Aportámosche formación en múltiples verquentes (comercio, reciclaxe, coidados, téxtil, reparacións, agro-gandeiría…), a través de “Vivir do Traballo”, a nosa E.I.L. de Inserción Laboral.
Itinerario individual:
Nas entrevistas persoais que ofrecemos trátanse tematicas individualizadas para o cambio e a mellora bio-psico-social, familiar, comunitaria, laboral, etc.
Atención a persoas inmigrantes
Información e orientación personal e xurídica, con colaboradores/as da Asociación de Avogados de Inmigración.
Mediación intercultural: Apoio ás asociacións de inmigrantes na resolución de conflictos educativos, laborais, de vivenda, culturais….
Formación para solicitude de arraigo.
Formación en idiomas.
Ademais destes servizos específicos para persoas inmigrantes, podes acceder a todos os demais servizos de acompañamento.