BAE (Busca Activa de Emprego) — Sesións especiais de xullo na Aula CEMIT
Martes 14, 21 e 28 de xullo | Aula CEMIT da Deputación Este mes de xullo, Boa Vida organiza un ciclo especial de BAE na Aula CEMIT da Deputación en Pontevedra. Durante tres sesións semanais, as persoas participantes poderán revisar as súas ferramentas de busca de emprego, analizar o seu perfil profesional e mellorar as súas […]
Formación na Horta Comunitaria sobre Bosques Comestibles
Hoxe, luns 6 de xullo, a Horta Sociocomunitaria de Salcedo acolle un obradoiro formativo sobre “Bosques comestibles”. Trátase dun sistema agroforestal que busca imitar a estruturae o funcionamento dun bosque natural para producir alimentos de maneira sostible. A actividade está guiada por Carlota, a nosa técnica agrícola, quen achegará aos participantes os coñecementos necesarios para comprender […]
Xornada de formación interna con Motivart: aprender para acompañar mellor
O equipo de Boa Vida participou onte nunha xornada de formación interna impartida por Motivart. Foi un espazo pensado para fortalecer as nosas capacidades como grupo humano e profesional. A sesión centrouse en catro eixes fundamentais: a comunicación, a confianza, a cooperación e a capacidade de construír colectivamente. Sabemos que o acompañamento social de calidade non depende só de […]
Pontevedra debuxa un mundo sen fronteiras con Boa Vida
O pasado 18 de xuño, trasladamos a nosa reivindicación ao corazón da cidade. Baixo o lema “Fronteiras visibles, dereitos invisibles”, convertemos a rúa Benito Corbal nun espazo de reflexión e participación cidadá para conmemorar o Día Mundial do Refuxiado. Un mapa para a esperanza Os viandantes foron os protagonistas dunha acción colectiva: sobre un gran […]
Día do Refuxio: tres accións abertas á cidadanía
Co gallo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, Boa Vida convida a toda a veciñanza de Pontevedra a participar en tres accións concretas que reivindican o dereito á acollida e a un espazo seguro para todas as persoas. Baixo o lema “Ningún ser humano é ilegal”, saímos ás rúas para demostrar que outro mundo é […]
Formación: “Ferramentas para identificar e responder ante os discursos de odio e a desinformación”
O pasado luns 8 de xuño a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais de Boa Vida acolleu unha formación dirixida ao equipo profesional e ás persoas participantes. A actividade está conducida por Mariana e Emiliano, formadores da entidade Ecos do Sur, referente no traballo contra a discriminación e a promoción da convivencia intercultural. Contidos da […]
XVII Encontro Galego de Participación para abordar o dereito á vivenda
Hoxe participamos no XVII Encontro Galego de Participación, impulsado por EAPN Galicia. Este espazo de traballo colectivo reuniu a entidades sociais de toda a comunidade co obxectivo de analizar unha das problemáticas máis urxentes do noso territorio: o acceso á vivenda digna. Durante a xornada, as persoas asistentes compartiron diagnósticos dende a experiencia directa no […]
Formación: Asistente persoal e convivencia
Dende Boa Vida presentamos unha formación de creación propia e impartida pola nosa coordinadora que completa o camiño iniciado no obradoiro de coidados. 🗣️ A quen vai dirixido? A toda persoa interesada. Aquelas que cursaron ou cursen o obradoiro de coidados poden obter esta dobre titulación. Buscamos persoas comprometidas, con sensibilidade social e gañas de […]
«DIXITALÍZATE!» – Formación intensiva en competencias dixitais
Do 8 ao 12 de xuño – Prazas limitadas Dende Boa Vida organizamos unha acción formativa gratuíta dirixida a persoas que queiran mellorar as súas habilidades no mundo dixital. 🧠 Que vas aprender? Pedir citas médicas a través de internet Realizar trámites bancarios dixitais de forma segura Solicitar e utilizar o certificado dixital Xestionar solicitudes da Seguridade Social Coñecer páxinas web de interese (emprego, […]
Búsqueda Activa de Emprego
A asociación organiza unha nova sesión de Búsqueda Activa de Emprego, unha actividade dirixida a persoas que se atopen en proceso de procura laboral e queiran mellorar as súas ferramentas e estratexias para acceder ao mercado de traballo. Durante a sesión abordaranse aspectos prácticos relacionados coa procura de emprego, recursos dispoñibles, mellora da candidatura profesional […]
Formación en Venda e Selección
En Boa Vida seguimos apostando pola formación como ferramenta de inserción laboral. Por iso, unha vez máis, poñemos en marcha o noso habitual curso de Venda e Selección, impartido polo noso pedagogo Fernando M. Lugaresi. En que consiste? É unha formación que se desenvolve no almacén e nas tendas da asociación. As persoas participantes enfrentan […]
Programa de Mediación Intercultural
Este servizo forma parte dun programa de mediación intercultural financiado polos Fondos Sociais Europeos a través da Xunta de Galicia. Traballamos para favorecer a convivencia, o respecto e a igualdade de oportunidades Dende o programa: Acompañamos a persoas migrantes Facilitamos o diálogo en situacións de conflito Impulsamos a autonomía e a integración social Intervimos en […]