Coro Intercultural de Boa Vida: novas prazas dispoñibles

O Coro Intercultural abre unha nova convocatoria para todas as persoas que queiran sumarse a este proxecto musical e comunitario. A próxima sesión celebrarase o luns 5 de outubro de 2026, de 18.45h a 20.15h, na Residencia de Campolongo.
Descrición da actividade:
O Coro Intercultural é un espazo de encontro onde persoas de distintas orixes, idades e traxectorias unen as súas voces para cantar xuntas. Baixo o lema “Quen canta, os males espanta!”, o coro busca crear un ambiente distendido e acolledor onde a música se convirte en ferramenta de expresión, benestar e cohesión social.
A quen vai dirixido?
A todas as persoas interesadas, sen necesidade de experiencia previa nin coñecementos musicais. O único requisito é ter gañas de participar, compartir e disfrutar da experiencia de cantar en grupo.
Detalles prácticos:
-
Data: Luns, 5 de outubro de 2026
-
Horario: De 18.45h a 20.15h
-
Lugar: Residencia de Campolongo, Pontevedra
-
Prazas: Libres (ata completar capacidade)
Inscrición e contacto:
📞 Teléfono: 698 124 762
O Coro Intercultural enmárcase no programa de Somos Migracións, utilizando a música como linguaxe universal que nos conecta e nos permite construír comunidade.
Agardámoste para cantar xunt@s!