QUEN SOMOS
Somos un equipo de profesionais e as persoas que acompañamos, levamos á práctica os tres piares da asociación solidariedade, loita contra as causas que producen pobreza e o dereito a vivir do traballo.
En definitiva, persoas coma ti, que queremos mellorar a nosa vida, a da sociedade e a do planeta.
FILOSOFÍA
A nos a filosofía básase na solidaridade, na cooperación e no traballo en equipo. Apoiámonos no lema EU NON ME RENDO.
MISIÓN
Diminuír desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso ás oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.
VISIÓN
Contribuir a construir unha sociedade xusta e inclusiva.
“Fronte a calquera sufrimento humano, dedícate non só a solucionalo no acto, senón tamén a loitar contra as causas que o producen” Abbé Pierre
HISTORIA
Dende o 2010 en Pontevedra.
Nacemos no 2010, en Pontevedra, vinculados ao Equipo Municipal de Inclusión Social (EMIS), un programa municipal do Concello de Pontevedra. Co peche deste servizo decidimos continuar a nosa andaina como asociación e despois de traballar no fortalecemento do grupo promotor rexistrámonos como Asociación Filantrópica Inclusión Social Activa Boa Vida, en febreiro do 2012.
Estivemos dous anos levando a cabo os fins recollidos nos nosos estatutos, principalmente no referente aos dereitos e deberes sociais (actividades formativas, informativas e reivindicativas).
Cando estabamos a punto de disolvernos, recibimos o apoio (económico, técnico e humano) de Traperos de Emaús de Navarra. Decidimos manter a actividade e iniciar unha que a pesar de tela nos estatutos non eramos quen de pola en marcha: a actividade laboral.
No 2014 deseñamos o que é a nosa actual estrutura: Oficina de Dereitos e Deberes Sociais (ODDS), e Tendas Solidarias. Con ambas mantemos diferentes proxectos financiados polas administracións públicas, as doazóns e as vendas.
No 2015 abrimos a tenda solidaria de forma permanente, iniciando o proceso cara á empresa de inserción Vivir do Traballo. No 2016 consolidamos a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais e Tendas Solidarias, cun almacén e unha furgoneta; ademais de estabilizar o equipo de traballo.
Temos a disposición as memorias anuais para poder ver a evolución.
- Descarga a Memoria 2022
- Descarga a Memoria 2023
- Descarga a Memoria 2024
Espazos de traballo
As nosas instalacións foron deseñadas para unha atención responsable.


Equipo / compañeiros e compañeiras
