Obradoiro: Dixitalízate! Aprende a facer os teus trámites de forma dixital

Organizamos un novo obradoiro práctico para facilitar o acceso ás ferramentas dixitais e mellorar a autonomía das persoas nas xestións cotiás. A actividade desenvolverase do 19 ao 23 de outubro de 2026 na Aula CEMIT.
Descrición da actividade:
O obradoiro está deseñado para todas as persoas que queiran aprender a realizar trámites habituais a través de internet e desenvolver os seus coñecementos dixitais. O enfoque é práctico, accesible e adaptado ao ritmo de cada participante.
Obxectivos:
-
Reducir a fenda dixital e previr a exclusión tecnolóxica.
-
Mellorar a autonomía das persoas na xestión dos seus trámites.
-
Achegar as ferramentas dixitais dun xeito accesible e seguro.
Detalles prácticos:
-
Datas: Do 19 ao 23 de outubro de 2026
-
Lugar: Aula CEMIT, Deputación Provincial. Gran Vía de Montero Ríos.
-
Acceso: Actividade gratuíta, con prazas limitadas
-
Inscrición: Necesaria para reservar praza
Inscrición e contacto:
📞 Teléfono: 698 124 762
Este obradoiro enmárcase nas nosas formacións adaptadas e está subvencionado pola Xunta de Galicia e os Fondos Sociais Europeos.
Dixitalízate! A túa autonomía comeza cun clic.