Skip to main content

Reflexionando sobre vivir con dignidade: preparación do Día da Erradicación da Pobreza

Dende o programa Somos Migracións, convidámosvos a participar nunha actividade de concienciación arredor da dignidade e o dereito a vivenda, enmarcada na preparación do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza (17 de outubro).

A proposta combina unha sesión de reflexión en grupo coa preparación dunha acción na rúa, co obxectivo de visibilizar unha situación que afecta a moitas persoas e de reivindicar a vivenda como un dereito humano fundamental, non como un privilexio.

Descrición da actividade:
A sesión partirá dunha pregunta sinxela pero profunda: “Que significa vivir con dignidade?”. A partir de aí, abriremos un diálogo sobre o acceso á vivenda, as barreiras económicas e sociais, o prexuízo e a discriminación, e as alternativas que podemos construír colectivamente.

Obxectivos:

  • Reflexionar sobre o significado de vivir con dignidade.

  • Visibilizar as situacións de exclusión residencial e pobreza.

  • Xerar un espazo de encontro e acción comunitaria.

  • Reivindicar políticas públicas de vivenda social e protexida.

Detalles prácticos:

  • Data da sesión: Martes, 13 de outubro de 2026

  • Hora: 18:30h

  • Lugar: Oficina de Boa Vida. Rúa Echegaray, 10, 2º E.

  • Acceso: Actividade gratuíta, con prazas limitadas

  • Inscrición: Necesaria para reservar praza.

Inscrición e contacto:

📞 Teléfono: 698 124 762

Esta actividade enmárcase no programa Somos Migracións, subvencionado pola Xunta de Galicia e os Fondos Sociais Europeos.

Ven reflexionar connosco e prepara con nós o Día da Erradicación da Pobreza.

Porque a dignidade non se negocia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *