Skip to main content

V Magosto Associativo: solidariedade coas persoas migrantes

O vindeiro 7 de novembro de 2026, a Praza da Pedreira (Pontevedra) acolle a quinta edición do Magusto Associativo, un espazo onde o tecido asociativo da cidade se une por unha causa xusta.

Este ano, todo o recadado irá destinado a apoiar ás organizacións que traballan a pé de rúa en Ceuta, ofrecendo axuda directa ás persoas migrantes en situación de vulnerabilidade. Fronte ao racismo e aos discursos reaccionarios, a nosa resposta é clara: apoio mutuo, organización e tenrura entre os pobos.

Programa da xornada:

  • Gastronomía: Castañas de balde, chourizos asados, opción vegana e bebidas populares a prezos populares.

  • 18:00h: Animación familiar a cargo de Cé Orquestra.

  • 20:00h: Gran foliada con Morenos Peludos e Maravallada.

Unha causa común:
Baixo o lema “Galega ou estranxeira, a mesma clase obreira”, esta xornada convida á cidadanía a participar nun evento festivo, solidario e reivindicativo, reafirmando o compromiso de Pontevedra coa acollida e a defensa dos dereitos humanos.

Organizan e colaboran:
Boa Vida, Kentada, Trepia, Ateneo de Pontevedra, A.C. Seis Pes, entre outras entidades, co apoio do Concello de Pontevedra e a Deputación.

Máis información e contacto:
📞 698 124 762

Vémonos o 7 de novembro con castañas, música e moita loita. Non faltes!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *