Skip to main content

Crónica: O Magosto Asociativo 2026, un éxito de comunidade e voluntariado

O pasado sábado 7 de novembro, a Praza da Pedreira acolleu unha nova edición do Magusto Asociativo, un evento que superou todas as expectativas e que se consolidou como un espazo de encontro para a veciñanza e o tecido social de Pontevedra.

Unha xornada inesquecible
A xornada comezou cunha enorme acollida. A participación foi grande e o ambiente incrible dende o primeiro momento. A implicación do noso voluntariado foi fundamental para o éxito da iniciativa; grazas ao seu esforzo, a atención foi constante e o evento desenvolveuse con total normalidade.

As castañas voaron!
Un dos datos máis rechamantes da xornada foi a velocidade á que voaron as castañas. Apenas dúas horas despois do inicio, xa non quedaba ningunha no posto. Unha proba da gran afluencia de público e das ganas de compartir que había na praza.

Música, baile e reencontros
Puidemos ver moitas caras coñecidas de Boa Vida, persoas que acompañamos e que quixeron sumarse á celebración. Houbo baile, comida, música e moitos momentos de conversa e ledicia. Foi “un gusto de magusto” en toda regla.

Dende Boa Vida queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a todas as persoas voluntarias que fixestes posible esta xornada, así como a toda a cidadanía que se achegou a compartir connosco. Este éxito é de todas.

A participación de Boa Vida neste Magosto Asociativo foi financiada pola Xunta de Galicia a través do programa Vivir co Rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *