Skip to main content

Obradoiro de Búsqueda Activa de Emprego: Comunicación aplicada

Dende Boa Vida, poñemos en marcha unha nova edición do noso programa de Búsqueda Activa de Emprego. Trátase dun espazo de encontro, acompañamento e apoio mutuo deseñado para persoas que están a buscar traballo ou que necesitan orientación.

Metodoloxía:
Fuximos dos formatos tradicionais ou das clases maxistrais. O noso obradoiro é un espazo dinámico e participativo onde prima a práctica e a atención ás necesidades individuais.

Que atoparás neste espazo?

  • Resolución de dúbidas: Un ambiente seguro para formular todas as preguntas sobre o mercado laboral, tipos de contratos ou procesos de selección.

  • Asesoramento individualizado: Tempo dedicado a revisar e optimizar o teu currículum e perfil profesional.

  • Rede de apoio mutuo: A oportunidade de coñecer e conectar con outras persoas na mesma situación. A busca de emprego é máis levadeira cando se fai en comunidade.

Temática desta edición:
Nesta ocasión, o fío condutor será a comunicación aplicada á entrevista e no entorno laboral, unha habilidade crave para transmitir o noso potencial ás empresas.

Detalles prácticos:

  • Datas: Martes 3 e mércores 4 de novembro de 2026

  • Horario: 10:00h

  • Lugar: Edificio Administrativo, Rúa Javier Puig, Aula 13, 3º Andar.

  • Prazas: Limitadas

  • Acceso: Actividade gratuíta

Inscrición e contacto:
Para reservar a túa praza ou solicitar máis información, podes chamar ou enviar un WhatsApp ao: 📞 698 124 762

Esta actividade está financiada pola Xunta de Galicia e os Fondos Europeos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *