Skip to main content

8M – DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Os 5 membros Emaús que lideran o proxecto Amalur Reutiliza realizaron o pasado 8 de marzo numerosas accións para a loita no Día Internacional da Muller.
Un dos obxectivos que persigue o proxecto Amalur Reutiliza é tomar todas as medidas necesarias para eliminar estereotipos de xénero na descripción de postos de traballo e nas prácticas de contratación de traballadores y traballadoras.
O pasado 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller, que como non podía ser de outro xeito, dende as distintas asociacións membro de Emaús organizáronse actividades e eventos dentro do marco de acción do Proxecto Amalur.
A reivindicación dos dereitos das mulleres, sensibilizar á sociedade e potenciar a igualdade real foron e seguirán sendo as obxectivos claves deste día. É por iso, que como proxecto innovador, Amalur Reutiliza á parte de buscar promover a xestión de residuos sostibles, a economía circular e a capacidade de xestión das entidades involucradas, tenta traballar por un cambio de paradigma cara a novas masculinidades e a erradicación da asignación de roles de xénero.
Os grupos Emaús destacan por fomentar a diversidade en todos os niveis da organización, incluíndo a contratación activa de persoas de diversas orixes e a toma de medidas necesarias para a eliminación dos estereotipos, sobre todo nun sector tan masculinizado como a recollida de residuos. A contribución de Amalur Reutiliza á igualdade de xénero, conciliación, e a redución de estereotipos e segregación laboral é un obxectivo primordial para os membros que participan nesta convocatoria.
Desde as cinco entidades pertencentes ao proxecto Amalur Reutiliza, o 8M organizáronse unha serie de accións en cada territorio de cada membro que deixaron claro o seu compromiso.
Orixe do Día Internacional da Muller
O 8M como Día Internacional da Muller foi adoptado pola Asemblea Xeral da ONU en 1977, aínda que dous anos antes xa se empezou a conmemorar. A súa orixe está nas manifestacións das mulleres que, especialmente en Europa, reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre mulleres e homes.
O proxecto AmalurReutiliza está financiado pola UniónEuropea-NextGenerationUE e

Dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *