9 aniversario Boa Vida

Estamos de celebración, xa son 9 anos os que a Asociación Boa Vida segue na loita polos dereitos dos que o precisan e contra a pobreza.

Pouco a pouco imos facendonos máis grandes, pero este camiño non sería posible sen ti.

Para celebrar o novo aniversario temos preparado dous eventos para esta semana:

Xoves 15 de abril as 19:00, na ODDS e tenda solidaria (Rúa da Seca, 3 – Pontevedra), presentación da nova tenda e proxección de fotografías, tampouco faltará a música e as boas conversas.

Sábado 17 de abril as 11:00, na Praza da Peregrina, posto informativo e exposición de produtos reciclados.

Animate a pasar connosco este novo aniversario, agardámoste.

Aniversario, boavidainclusionactiva, odds

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra - Ourense
674 137 604 | 986 848 159

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.