Oferta emprego Asociación Boa Vida
OFERTA DE EMPREGO
Asociación Boa Vida
Data: 7 abril 2022.
Posto: Técnico en orientación e prospección laboral.
Proxecto: Programa integral inserción sociolaboral de persoas vulnerables.
DESCRICIÓN DO POSTO
Organización e desenvolvemento do programa integrado de emprego no equipo da entidade.
FUNCIÓNS
- Coordinación xeral do programa.
- Colaboración na xustificación económica.
- Elaboración de informes e memorias xustificativas do programa.
- Identificación de boas prácticas a partires das actuacións desenvolvidas no programa, presentando propostas de mellora e demandas para as políticas de inserción sociolaboral e elaborando manual específico ao final do programa.
- Selección das persoas participantes.
- Orientación individualizada.
- Realización de sesións de traballo de grupo a busca de emprego.
- Prospección empresarial.
- Captación de empresas para realización de practicas non laborais.
- Deseño e coordinación de formacións.
REQUISITOS
- Experiencia en coordinación ou xestión de programas de inserción sociolaboral e acceso ao emprego, en especial nos impulsados dende a Xunta de Galicia como Plans Integrados de Emprego.
- Experiencia en intervención con persoas en risco ou situación de pobreza ou exclusión social, en especial dende entidades do Terceiro Sector Social.
- Titulación relacionada co posto (Traballo Social, Educación Social, Integración Social)
- Experiencia en prospección empresarial.
- Coñecemento da normativa e dos recursos sociais e de acceso ao emprego existentes.
- Coñecemento dos idiomas galego e castelán falado e escritos. Valorarase o coñecemento de inglés.
- Valorarase experiencia previa de voluntariado, especialmente no eido social.
- Valorarase carné de conducir e vehículo propio, así como dispoñibilidade para desprazarse e flexibilidade horaria.
COMPETENCIAS
- Orientación para o traballo en equipo, por obxectivos e resultado.
- Alta capacidade de organización, resiliencia e resposta en prazos axustados.
- Flexibilidade, empatía e capacidade de adaptación ás necesidades da base social ou das administracións públicas.
- Dinamismo e proactividade na resolución de problemas.
- Boas habilidades de comunicación oral e escrita.
DATOS BÁSICOS DA CONTRATACIÓN
- Contrato ata fin subvención. Xornada 35 horas.
- Lugar de traballo: Pontevedra.
- Incorporación inmediata.
CONCURRENCIA
Envío ao enderezo electrónico administracion@boavida.org ata o 17 de abril de 2022 (incluído), co asunto “Selección programa emprego + NOME E APELIDOS”, e adxuntando CV actualizado e unha carta de motivación que inclúa descripcion de como organizaria o traballo maximo 2 folios.