Obradoiro de Poda na Horta Comunitaria de Salcedo
En Boa Vida Rural seguimos apostando pola formación práctica e o coidado dos espazos compartidos. O vindeiro venres 6 de marzo de 2026, de 15:30 a 18:30 horas, organizamos un Obradoiro de Poda na nosa Horta Comunitaria de Salcedo.
Será unha xornada dinámica e participativa na que aprenderemos técnicas básicas de poda, o coidado de árbores froiteiras e a importancia dun mantemento axeitado para favorecer o seu crecemento e produción. Un espazo para compartir coñecementos, fortalecer comunidade e conectar coa natureza.
Este obradoiro está dirixido a persoas interesadas na horticultura, na aprendizaxe práctica e na participación en iniciativas comunitarias no rural.
📍 Lugar: Horta Comunitaria de Salcedo
📅 Data: Venres 06/03/2026
⏰ Horario: 15:30 – 18:30
Para participar, chama ou escribe ao 698 124 762.
Seguimos cultivando terra, aprendizaxes e comunidade 🌱