Skip to main content

Formación en Venda e Selección

En Boa Vida seguimos apostando pola formación como ferramenta de inserción laboral. Por iso, unha vez máis, poñemos en marcha o noso habitual curso de Venda e Selección, impartido polo noso pedagogo Fernando M. Lugaresi.

En que consiste?

É unha formación que se desenvolve no almacén e nas tendas da asociación. As persoas participantes enfrentan casos reais, aprendendo os procesos de selección, organización de produto, atención ao público e venda.

Beneficios da formación

Ante o auxe das tendas de segunda man, aprender a seleccionar e tasar produtos convértese nunha habilidade cada vez máis demandada. Este curso prepara para un futuro nicho de mercado en crecemento, proporcionándolles competencias prácticas que poden aplicar tanto no ámbito laboral como en iniciativas propias relacionadas coa economía circular e o comercio solidario.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *