Formación: Asistente persoal e convivencia
Dende Boa Vida presentamos unha formación de creación propia e impartida pola nosa coordinadora que completa o camiño iniciado no obradoiro de coidados.
🗣️ A quen vai dirixido?
A toda persoa interesada. Aquelas que cursaron ou cursen o obradoiro de coidados poden obter esta dobre titulación. Buscamos persoas comprometidas, con sensibilidade social e gañas de formarse para acompañar dende o respecto.
🤝 Con que obxectivo?
Ofrecer unha capacitación integral que una a mirada do coidado coa práctica da asistencia persoal e a convivencia activa. Porque coidar é atender, pero convivir é crear vínculos que suman autonomía, dignidade e comunidade.
📅 Datas e horario
Todos os martes de xuño
16.00h a 18.00h
Formación presencial a cargo da coordinadora da entidade.
📍 Rúa Echegaray, 10, 2º Esquerda
📞 698 124 762