Boa Vida Inclusión Activa na Gran Final de Tríatlon de Pontevedra 2026

Boa Vida participa activamente na Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon de Pontevedra 2026, que se celebra do 23 ao 27 de setembro. A nosa presenza na Zona Expo non só serve para dar a coñecer o noso proxecto de inclusión social, senón que forma parte dunha estratexia conxunta de sustentabilidade e economía circular.
O noso stand na Zona Expo
No noso espazo expositivo, de carácter informativo, damos a coñecer a labor da entidade e amosamos os produtos elaborados no noso atelier de reutilización téxtil. Neste obradoiro, transformamos prendas e materiais para crear novos artigos, demostrando que a creatividade e a sostenibilidade poden xerar oportunidades de inclusión.
Recollida de roupa e calzado deportivo
A organización do campionato confiou en Boa Vida para levar a cabo a recollida de roupa e calzado deportivo na Zona Expo. Esta acción realízase fundamentalmente despois das competicións e céntrase de forma especial nas chanclas, un dos materiais máis habituais entre os deportistas. Todo o recollido será reutilizado e repartido entre persoas que o necesiten.
Economía Circular e inclusión
Esta iniciativa enmárcase nos obxectivos de Economía Circular do campionato, que busca reducir residuos, fomentar a reutilización e minimizar o impacto ambiental do evento. Para Boa Vida, supón un escaparate perfecto para demostrar que a inclusión social e o deporte poden aliarse na construción dun mundo máis xusto e sustentable.

Visítanos!
Agardámoste na Zona Expo da Gran Final Pontevedra 2026. Se queres coñecer máis sobre o noso traballo ou colaborar connosco, podes contactar en:
📞 Teléfono: 698 124 762