A asociación Boa Vida presente en Noites Abertas 2020
Outro ano máis, a Asociación Boa Vida, estará presente nas actividades do proxecto “Noites Abertas” do Concello de Pontevedra neste ano 2020. Temos o agrado de contar coa nosa compañeira Katiuska, experta en Ioga da Risa e Risoterapia con ampla experiencia neste ámbito.
Ioga da Risa é dunha ferramenta que combina a respiración guiada e consciente con exercicios de risas simuladas que en breve se adapta a un riso natural e fluído a través de dinámicas participativas.
Levaremos a cabo 3 sesións de ioga os días abaixo indicados na Casa Azul as 22:30. Os días programados para as actividades que impartirá a nosa compañeira Katiuska serán:
- Venres 6 de marzo,
- Venres 27 de marzo,
- Venres 3 de abril.
Máis información:
Qué tes que saber para participar nas actividades de Noites Abertas?
Nota de prensa inicio Noites Abertas
Cartel e actividades Noites Abertas: