Skip to main content

A vida na horta Boa Vida.

Cinco homes e dúas mulleres posando para a foto nunha horta con roupa e ferramentas para traballar nela

Son Xerardo, dende “Boa Vida” , levo dende o mes de abril do 2023 na horta, vos podo asegurar que a experiencia é moi enriquecedora. Son unhas horas á semana que aprendo moito, ademáis de pasar un bo rato con boa xente.

É moi satisfactorio levarse algúns dos productos da horta e comer cosas saudables: patacas, pementos, tomates, froitas, ver coma as cousas que prantaches medran cada semana. Adoito estar unhas tres horas semanais na horta, as tres no mesmo día e consecutivas, xa o chamo “o día da horta”. Sembramos, recollemos, mantemos limpo o terreo librándoo de especies invasoras. Pero non todo é traballo e poder levarse productos da horta á casa. É tamén unha experiencia de confraternidade entre a xente que participa na horta e as veces a manifestamos facendo unhas ricas tortillas cos productos da horta e dando boa conta delas.

Polo tanto a miña testemuña é esta, unha valoración moi positiva e un xeito de evadirse dos problemas urbanitas durante tres horas á semana. Na miña casa están moi contentos, por fin podemos comer tomates que saben a tomate.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *