Acto de rúa Día Internacional

Con motivo da semana do Día internacional pola erradicación da Pobreza, a Asociación Boa Vida continua coas actividades.

O sábado 16 de outubro dende as 11:00 ate as 13:00 estaremos presentes na Praza da Herrería para compartir con toda a vecindade de Pontevedra e difundir o traballo que realizamos dende a asociación.

Acompañaranos entidades como Caritas, Mans Unidas e Círculo do Silencio.

Se nos coñeces contamos coa túa visita, e se todavía non nos coñeces agardamos a túa presenza para coñecernos.

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra-Trado / Pontedeva (Ourense)
986 101 116 / 604 237 244

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.