Skip to main content

Agasalla sostible: a estrela dun Nadal solidario segue medrando

En Boa Vida continuamos coa campaña de recollida de xoguetes para que todas as crianzas poidan vivir un Nadal cheo de ilusións. Un ano máis, convidamos a compartir, reutilizar e coidar, apostando por un consumo sostible e por un Nadal máis humano, máis consciente e máis xusto.

Nesta edición, a rede de puntos de recollida medrou grazas ao compromiso de múltiples entidades da cidade e da comarca: centros educativos, academias, ANPAS, escolas infantís e tamén empresas privadas que decidiron sumar a súa estrela a este Nadal solidario.
En todos estes espazos atoparedes cestóns de recollida onde se poden depositar xoguetes en bo estado para seren reutilizados por familias que os necesitan.

🎁 Un pequeno xesto que transforma moito

Participar é tan sinxelo como achegar un xoguete ao punto máis próximo. Ese xesto, que pode parecer pequeno, convértese en felicidade, acompañamento e dignidade para moitas crianzas. Cada doazón é unha segunda vida para un xoguete… e unha oportunidade nova para quen o reciba.

🤝 Grazas ás entidades colaboradoras

Queremos agradecer fondamente a todas as entidades que colaboran nesta campaña. Grazas por abrir as vosas portas, por facilitar espazos, por mobilizar ás vosas comunidades e por sumar solidariedade nun momento no que é máis necesaria que nunca. Esta iniciativa non sería posible sen vos.

✨ Un Nadal sostible, humano e compartido

Con cada xoguete que chega, estamos a construír unha cidade máis comprometida e unha comunidade máis consciente. Entre todas e todos facemos que o Nadal teña sentido máis alá do consumo: poñendo o foco nas persoas, nos coidados e na ilusión compartida.

Animámosvos a difundir, compartir e etiquetar esta campaña para que chegue a máis familias e a máis espazos que queiran sumarse.
Xuntas e xuntos, facemos medrar a estrela dun Nadal solidario. 💫


Puntos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *