Boa Vida e Rotary Club Campaña Xoguetes

A Asociación Boa Vida e o Rotary Club solicitan á cidadanía e empresas que leven
xoguetes aos centros de traballo ou ás tendas solidarias.

No marco da campaña “Agasallas reciclado? Crea economía local” Rotary Club
impulsa a campaña de recollida de xoguetes que os seus asociados entregarán a
Boa Vida antes do 15 de decembro.

Fan un chamamento ás empresas e profesionais, así como á cidadanía en xeral para
que acheguen xoguetes usados ou novos ao longo destes días a calquera das Tendas
Solidarias, rúa da Seca, 3 e rúa Santa Clara, 35 en Pontevedra e na rúa San Roque,11 de
Vilagarcía de Arousa.

Aquelas empresas que queiran adherirse e facer a recollida no seu centro de traballo
poden solicitar que Boa Vida vaia a recollelos solicitándoo no 605.399.142.

Nota prensa: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2021/12/02/tienes-juguetes-usados-pontevedra-vilagarcia-puedes-donarlos-pedir-recojan-tu-centro-trabajo/00031638448321748146237.htm

BoaVida, nadal, pontevedra, RotaryClub, xoguetes

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra-Trado / Pontedeva (Ourense)
986 101 116 / 604 237 244

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.