Skip to main content

Conectando co Rural, Cultivando Futuro

En Salcedo (Pontevedra), a Horta Comunitaria de Boa Vida medra como un espazo de aprendizaxe, inclusión e esperanza. O proxecto “Vivir co Rural” non só ensina a coidar da terra e xestionar recursos de forma sostible, senón que tamén cultiva valores de cooperación e apoio mutuo, especialmente para persoas en situación de vulnerabilidade.
🍅🌿 Aquí non só florecen hortalizas e plantas aromáticas, tamén medra a autoestima, a aprendizaxe e as oportunidades de inserción sociolaboral.
Descubre máis sobre esta iniciativa e outras propostas gratuítas de Boa Vida para o 2025, como obradoiros de dixitalización, reciclaxe téxtil, arte comunitaria ou o noso coro intercultural.
💬 Interésache participar? Contacta connosco no 698 124 762 e forma parte deste cambio. #VivirCoRural #BoaVida #Inclusión #Sostibilidade #Comunidade

Aprender a coidar a terra e facilitar a inserción laboral: obxectivos de ‘Vivir co rural’, a iniciativa de Boa Vida

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *