Skip to main content

Creatividade, reutilización e impacto social no Mercado de Abastos

Boa Vida participará no mercado creativo impulsado polo Concello no Mercado de Abastos, un espazo pensado para visibilizar o talento local, a creatividade e novas formas de producir e consumir máis sostibles.

Nesta iniciativa estaremos presentes co noso atelier creativo e coa tenda de segunda man, dous proxectos que forman parte do noso compromiso coa economía circular, a inclusión social e a transformación comunitaria.

No noso atelier téxtil, traballamos para dar unha nova vida ás pezas de roupa que xa non poden ser comercializadas como segunda man. A través de procesos artesanais de reutilización e deseño, transformamos estes materiais en novos produtos útiles e únicos: bolsos, tote bags, coxíns, mandís e outras pezas creadas a partir da imaxinación e da reutilización.

Este traballo non só busca reducir o impacto ambiental dos residuos téxtiles, senón tamén poñer en valor a creatividade, a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades das persoas que participan nos nosos programas.

Ao mesmo tempo, levaremos ao mercado unha selección da nosa tenda de roupa de segunda man, promovendo unha forma de consumo máis consciente. Apostar pola segunda man significa prolongar a vida útil da roupa, reducir residuos e demostrar que a moda tamén pode ser unha ferramenta de expresión creativa, accesible e sostible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *