Día das Letras Galegas 2019
Este ano 2019, o Día das Letras Galegas adicámosllo ao noso veciño pontevedrés Antonio Fraguas. Antonio Fraguas Fraguas nace o 28 de decembro de 1905 en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra). En 1928, ano da súa licenciatura, formaba parte do Seminario de Estudos Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía. Fíxose mestre en 1933, sendo represaliado e obrigado a abandonar o seu posto durante a guerra. Entre 1943 e 1950 volveu á Universidade e obtivo a cátedra de Instituto, ademáis de ser director da sección de Etnografía e folclore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. En 1951 pasa a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o asento de Castelao. Dirixiu o Museo do Pobo Galego desde a súa fundación ata a súa morte. En 1984 recibiu a medalla Castelao e no ano 1995 a medalla das Artes e das Letras de Galicia. Faleceu en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999.