Dixitalizate
Dende a Asociación Boa Vida a través do proxecto “Dixitalízate”, imos realizar unha formación sobre novas tecnoloxías adaptadas a vida diaria, na que os participantes podan acadar os coñecementos básicos sobre os elementos informáticos (ordeador, mobil, etc.) e as ferramentas dixitais aplicadas ós mesmos.
Nesta formación aprenderás ferramentas básicas dixitais como o email, internet, teléfonos intelixentes, e creación/manexo de certificados dixitais, solicitudes online coa administración, etc.
A data límite de inscrición é o lúns 5 de outubro.
Se estás interesado/a non dubides en contactarnos para a túa preinscripción. Debido a situación actual da sanidade pública as prazas serán reducidas.
Para máis información:
ODDS Boa Vida (Rúa Fernando II, 12 baixo)
Tel.: 698 124 762
Email: itinerariosboavidainclusion@gmail.com