Emprego e reciclaxe
A entidade pontevedresa é membro a proba na organización internacional, Traperos de Emaús. As organizacións que forman parte deste movemento, compartiran con Boa Vida a ampla experiencia que teñen en xestión de residuos tanto a nivel estatal como internacional, o que facilitará o cumprimento da axenda 2030 para os municipios, en temática de xestión de residuos textís.
Para dar a coñecer estes procesos a entidade convoca á cidadanía interesada a unha mesa redonda mañá xoves 16 ás 19:30, na rúa da seca num 3 onde ademais da tenda solidaria contan con instalacións para este tipo de eventos, que por aforo COVID e precisa inscripción previa no telf 698 12 47 62.
Nesta mesa redonda , titulada “Emprego Reciclaxe, Retos e oportunidades”, D. José María Garcia, Director de traperos de Emaús de Pamplona, D. Paco Lopez, Director de Traperos de Eamús de Murcia e Dna. Lourdes Bustamante, Xerente da empresa de Inserción Vivir do Traballo e das tendas Boa Vida, farán unha exposición sobre a situación actual dos requisitos de reciclaxe nos diferentes municipios e como prestar servizos de forma que os beneficios dos mesmos repercutan na poboación mais desfavorecida.