Formación Agrícola-Gandeira

Continuamos coa formación agrícola-gandeira.
Nesta ocasión formaremos ás persoas en instrumentos e ferramentas xerais de agricultura e usos, manexo do solo e cultivos ecolóxicos e fertilización e rego en cultivos.
E como non todo é teoría, tamén poderás facer prácticas para afianzar os teus coñecementos, na nosa horta ecolóxica.
Tes de prazo ata o vindeiro 31 de marzo para preinscribirte, non deixes pasar esta gran oportunidade formativa.