Skip to main content

Formación en dereitos e deberes fundamentais

Dende a Asociación Boa Vida organizamos unha formación dirixida a persoas inmigrantes, pensada para achegar coñecementos básicos sobre os dereitos e deberes fundamentais recollidos na Constitución Española.

A formación combina contidos teóricos e prácticos, facilitando a comprensión do marco legal e contribuíndo ao proceso de integración social. Esta actividade é válida para achegar ao certificado de esforzo de integración.

Datos da formación:
👥 Destinatarias/os: Persoas inmigrantes
👤 Prazas dispoñibles: 15
⏱️ Duración: 4 horas

📅 Data: Mércores, 21 de xaneiro
🕔 Horario: de 17:00 a 19:00 h
📍 Lugar: Asociación Boa Vida
R/ Echegaray nº 10, 2º esq. – Pontevedra

📆 Prazo de inscrición: ata o 20 de xaneiro
📞 Contacto: Teresa Redondo – 604 042 129

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *