Formación en Sociedade de Acollida

Dende a Asociación Boa Vida e a través do proxecto “Acollemos”, pretendemos realizar unha formación en guía de acollida, na que os participantes migrantes, podan acadar os coñecementos básicos sobre a súa integración efectiva no noso entorno. Durante os días que traballaremos cos participantes afondaremos no marco legal das súas casuísticas diferentes, así como mostraremos os aspectos sociais e culturais da nosa terra para traballar desde unha perspectiva multidimensional na súa integración efectiva.

Obxectivos

Realizar unha aproximación xeral sobre o marco legal no sector das migracións. Dar a coñecer a organización territorial e o funcionamiento do sistema sanitario, educativo e social da sociedad de acollida a persoas migrantes.

Contidos

Abordaxe legal sobre o sector das migracións

Coñecendo o noso entorno

O sistema sanitario en Galicia

O sistema educativo en Galicia

Os servicios sociais en Galicia

Alumnado

Limite de prazas 15

Calendario

Data de inicio prevista: 7 maio

Data de finalización prevista: 22 maio

Horario previsto: de 10.00 h. a 13.00 h.

  • Martes, 7 de maio de 2019, de 10.00 h. a 13.00 h. 3 horas

  • Mércores, 8 de maio de 2019, de 10.00 h. a 13.00 h. 3 horas

  • Xoves, 9 de maio de 2019, de 10.00 h. a 13.00 h. 3 horas

  • Martes, 14 de maio de 2019, de 10.00 h. a 13.00 h. 3 horas

  • Mércores, 15 de maio de 2019, de 10.00 h. a 13.00 h. 3 horas

  • Martes, 21 de maio de 2019, de 10.00 h. a 13.00 h. 3 horas

  • Mércores, 22 de maio de 2019, de 10.00 h. a 13.00 h. 3 horas

Horas totais: 21 horas

Monitoras: María Isabel Álvarez Rodríguez (Avogada) e Victoria Abadía Calpena (Traballadora Social)

Inscricións e información:

  • Oficina de Dereitos e Deberes Sociais Boa Vida. Telf 698 124 762

  • R/ Álvaro Cunqueiro 2, Pontevedra

  • migracions@boavida.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra-Trado / Pontedeva (Ourense)
986 101 116 / 604 237 244

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.