Skip to main content

Formación: “Ferramentas para identificar e responder ante os discursos de odio e a desinformación”

O pasado luns 8 de xuño a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais de Boa Vida acolleu unha formación dirixida ao equipo profesional e ás persoas participantes. A actividade está conducida por Mariana e Emiliano, formadores da entidade Ecos do Sur, referente no traballo contra a discriminación e a promoción da convivencia intercultural.

Contidos da sesión:

  • A pirámide do odio: da deshumanización á violencia.
  • Sesgos cognitivos e marcos mentais: como inflúen na nosa percepción dos discursos.

  • Estratexias prácticas de resposta: criterios para argumentar, silenciar ou denunciar.

Este espazo formativo enmárcase no compromiso de Boa Vida coa defensa dos dereitos sociais e a loita contra calquera forma de discriminación. Agradecemos a Ecos do Sur a súa colaboración e a calidade humana e profesional que achegan a cada acción conxunta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *