Skip to main content

Historia

Nacemos no 2010, en Pontevedra, vinculados ao Equipo Municipal de Inclusión Social (EMIS) un programa municipal do Concello de Pontevedra, co peche deste servizo decidimos continuar a nosa andadura como asociación e despois de traballar no fortalecemento do grupo promotor rexistrámonos como Asociación Filantrópica Inclusión Social Activa Boa Vida, en febreiro do 2012.

Dous anos estivemos levando a cabo os fins recollidos nos nosos estatutos, principalmente no referente aos dereitos e deberes sociais, (actividades formativas, informativas e reivindicativas).

Cando estabamos a punto de disolvernos, recibimos o apoio (económico, técnico e humano) de Traperos de Emaús de Navarra. Decidimos manter a actividade e iniciar unha que a pesar de tela nos estatutos non eramos quen de pola en marcha, a actividade laboral.

No 2014 deseñamos o que é a nosa actual estrutura Oficina de Dereitos e Deberes Sociais (ODDS), e Boa Vida Trapera. Coa primeira mantemos diferentes proxectos financiados pola Xunta de Galicia, coa segunda iniciamos o proxecto de empresa de inserción. Recollemos 8000 kg de roupa, e calzado, e abrimos un rastro no Nadal.

No 2015, abrimos a tenda solidaria de forma permanente, seguimos recollendo roupa, calzado e outros obxectos en bo uso. Temos a memoria a disposición en documentos.
No 2016. Consolidamos a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais, e Boa Vida Trapera, coa tenda e almacén e a compra dunha furgoneta. Ademais de estabilizar un equipo de traballo importante.

Se asombra o noso éxito, imaxinen o noso esforzo!!