Skip to main content

I Ciclo de faladoiros temáticos

Dende Boa Vida, a través do proxecto impulsado no rural “Compartimos Lecer”, grupo de participación e lecer xuvenil, comezamos o I Ciclo de Faladoiros Temáticos 📣, polo momento online, aberto a tod@s @s moz@s de Pontedeva e arredores de entre 12 e 25 anos.
Este xoves 30  de abril as 18:00, terá lugar a primeira sesión, que por decisión do grupo actual dicidiuse que o tema a tratar sexa o Feminismo .
Nel, faremo unha pequena introdución de como entendemos o Feminismo e escoitaremos o testemuño dunha invitada especial, Karly, activista feminista mexicana e psicóloga de profesión, que dende Cancún contaranos a súa visión e perspectiva.
Se che interesa, ponte en contacto con nós a través do 604 23 72 44 📱