Skip to main content

Obradoiro: Finalización do Invernadoiro na Horta Comunitaria de Salcedo

O vindeiro luns 14 de abril de 2025, de 16:30 a 20:00 h, convidámoste a participar nun obradoiro moi especial: a finalización do noso invernadoiro comunitario 🌱

Este taller forma parte do noso proxecto para fomentar a agricultura sostible, o traballo colaborativo e a aprendizaxe activa. Ademais de coñecer técnicas de construción e mantemento de invernadoiros, colaborarás co grupo que fai posible a Horta Comunitaria de Salcedo.

🛠️ Non se require experiencia previa.
📞 Contacto e inscricións: 698 124 762

Un proxecto de Boa Vida Rural coa colaboración da Xunta de Galicia – Consellería de Política Social e Xuventude.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *