Oferta emprego Asociación Boa Vida

OFERTA DE EMPREGO

Asociación Boa Vida

Data: 7 abril 2022.

Posto: Técnico en orientación e prospección laboral.

Proxecto: Programa integral inserción sociolaboral de persoas vulnerables.

DESCRICIÓN DO POSTO

Organización e desenvolvemento do programa integrado de emprego no equipo da entidade.

FUNCIÓNS

  • Coordinación xeral do programa.
  • Colaboración na xustificación económica.
  • Elaboración de informes e memorias xustificativas do programa.
  • Identificación de boas prácticas a partires das actuacións desenvolvidas no programa, presentando propostas de mellora e demandas para as políticas de inserción sociolaboral e elaborando manual específico ao final do programa.
  • Selección das persoas participantes.
  • Orientación individualizada.
  • Realización de sesións de traballo de grupo a busca de emprego.
  • Prospección empresarial.
  • Captación de empresas para realización de practicas non laborais.
  • Deseño e coordinación de formacións.

REQUISITOS

  • Experiencia en coordinación ou xestión de programas de inserción sociolaboral e acceso ao emprego, en especial nos impulsados dende a Xunta de Galicia como Plans Integrados de Emprego.
  • Experiencia en intervención con persoas en risco ou situación de pobreza ou exclusión social, en especial dende entidades do Terceiro Sector Social.
  • Titulación relacionada co posto (Traballo Social, Educación Social, Integración Social)
  • Experiencia en prospección empresarial.
  • Coñecemento da normativa e dos recursos sociais e de acceso ao emprego existentes.
  • Coñecemento dos idiomas galego e castelán falado e escritos. Valorarase o coñecemento de inglés.
  • Valorarase experiencia previa de voluntariado, especialmente no eido social.
  • Valorarase carné de conducir e vehículo propio, así como dispoñibilidade para desprazarse e flexibilidade horaria.

COMPETENCIAS

  • Orientación para o traballo en equipo, por obxectivos e resultado.
  • Alta capacidade de organización, resiliencia e resposta en prazos axustados.
  • Flexibilidade, empatía e capacidade de adaptación ás necesidades da base social ou das administracións públicas.
  • Dinamismo e proactividade na resolución de problemas.
  • Boas habilidades de comunicación oral e escrita.

DATOS BÁSICOS DA CONTRATACIÓN

  • Contrato ata fin subvención. Xornada 35 horas.
  • Lugar de traballo: Pontevedra.
  • Incorporación inmediata.

CONCURRENCIA

Envío ao enderezo electrónico administracion@boavida.org ata o 17 de abril de 2022 (incluído), co asunto “Selección programa emprego + NOME E APELIDOS”, e adxuntando CV actualizado e unha carta de motivación que inclúa descripcion de como organizaria o traballo maximo 2 folios.

Emprego, laboral, orientacion

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra-Trado / Pontedeva (Ourense)
986 101 116 / 604 237 244

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.