Skip to main content

Participación con MAIUSCULAS

Os técnicos que traballamos coa visión participativa que se require para sair da pobreza e da exclusión social, sabemos dos escollos da tarefa, xa que as feridas que deixa a pobreza son fondas e na maioria dos casos non permiten unha participación máis aló de pegar carteis, deseñalos, tal vez… conseguir algún contrato precario, ou na economía somerxida…

Porén ás veces a realidade supera a ficción, e compañeiros como Javier fan que teñamos esperanza na humanidade primeiro, na sociedade despois.

Que fixo Javier?, As palabras non alcanzan, vou a escribilo breve, despois de deixar de vivir na rúa, puxose a formarse, a estudar oposicións, e a PARTICIPAR, da man da Fundación Emaús, da EAPN, e tamén de Boa Vida, e agora xa PARTICIPA dun xeito autónomo, vai aquí a nota que nos mandou:

“Por medio de esta nota, os comunico oficialmente que he aceptado la oferta de Marea Pontevedra (partido en el que estoy inscrito) de formar parte en un puesto de cierre de lista de su candidatura a las elecciones municipales de Pontevedra que se van a celebrar este 26 de mayo.

Para mi personalmente es un paso importante en el sentido de ser útil a las ciudadanas y ciudadanos de Pontevedra en la medida de mis posibilidades y siempre enmarcado dentro de mi compromiso social en la lucha contra la pobreza y la exclusión social que todas vosotras ya conocéis.

Espero vuestra comprensión, siempre con mi más sincero y profundo respeto y cariño a todas las mujeres y hombres que formamos parte de Boa Vida, y con el respeto también profundo a la diversidad ideológica que también impera en nuestra organización”.

Non sólo tes a nosa comprensión, se non tamén a nosa admiración e felicitación, case todas as persoas que lean este post coñecen a grande dificultade que supón PARTICIPAR, en partidos políticos, polas súas estruturas e pola etiquetaxe externa, debido a nosa memoria histórica.

Van tamén duas mensaxes;

1- Para nós, organizacións sociais, que fomentamos a PARTICIPACIÓN, debemos felicitarnos porque os resultados sexan estes, que o proceso de formación en participación remate nun partido político, sexa da orientación que sexa, nunha asociación de veciños, nunha ONG, …. e o exemplo de BOAS PRÁCTICAS, do que podemos estar orgullosos.

2- Para os partidos políticos, aos que lle dicimos que porque un participante de Boa Vida vaia con un partido político ou con outro; nós mantemos a nosa independencia partidista. Tamén, que agradeceríamos que nos chamaran para explicarnos o seu programa municipal e que veñan a escoitar as persoas da cidade. Historicamente esta entidade tratou de contactar con tódolos partidos políticos, pero non tivemos a mesma resposta por parte de todos. Agora, e abrindo esta nova etapa, esperamos que todos eles nos chamen, as persoas en situación de pobreza votamos pouco, pero votamos, e non imos aos mítines, e moitas veces non diferenciamos uns programas de outros, igual que a maioria da poboación non nos enganemos, os discursos dos partidos políticos cada vez estan mais lonxe das persoas da rúa. Non importa, nós seguiremos saindo da pobreza e reclamando os dereitos democráticos, todo o ano, tamén fora de periodos electorais.

Enlace a noticia no Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2019/03/24/marea-pontevedra-ficha-activista-javier/2074706.html

Encontro EAPN, Barcelona 2015. Con compañeiras que xa non están con nós por falecemento ou novas rutas na vida

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *