PRESENTACIÓN DA REDEVITAL

NACE REDEVITAL ONDE 3 ENTIDADES NOS UNIMOS PARA OFRECER APOIO E FERRAMENTASPARA MELLORAR A SITUACION SOCIOLABORAL E A CALIDADE DE VIDA DA CIDADANÍA

AS PERSOAS MAIORES, AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, EN RISCO DE EXCLUSION E A MOCIDADE SERÁN AS BENEFICIARIAS DOS SEUS PROXECTOS.

A agrupación REDEVITAL formada pola Asociación Boa Vida (Pontevedra) a Fundación Formavigo (Vigo) e a Fundación Impulsarse (Vigo e Pontevedra) únense nun programa integral para traballar a mellora e a calidade de vida dos distintos colectivos que presentan algunha dificultade na súa inserción social e/oulaboral, a través de distintos programas de mellora da calidade de vida e da súa empregabilidade. Serán programas dirixidos a mocidade, a familias en dificultade para súa inserción, e persoas con discapacidade, persoas maiores e poboación en xeral que se atope en situación de vulnerabilidade, con especial atención ao rural.

Asemade teremos unha liña de traballo coas persoas maiores na que se priorizarán actividades para a prevención da soidade e a súa calidade de vida.

Grazas a financiación da Consellería de Política Social da Xunta de GaliciaGalicia a través dos fondos recadados pola declaración da renda 0,7 e outros cofinanciadores (Concello de Pontevedra, Fundación la Caixa, Concello de Rendondela), este ano poremos en marcha 6 proxectos en Pontevedra, Redondela, Pontecaldelas, Fornelos, Pontedeva (Ourense), Monforte, Betanzos, Carballiño e Abegondo.

Cun orzamento total de  188.756,94€, as 3 entidades realizarán un total de 6 proxectos que contarán coas seguintes liñas de actuación:

  • Programa CONECTA EMPREGO para mocidade
  • Programa VIDA COMPARTIDA para persoas maiores
  • Programa RUS-TICs de emprego de TICs para maiores
  • Programa CAPACITA2 para persoas con discapacidade
  • Programa VIVIR CO RURAL
  • Programa FAMILIAS VITAIS

Así, desenvolverase en Pontecaldelas 3 programas. O primeiro dirixido a persoas con discapacidade para a súa preparación para o emprego na que realizarán un curso de auxiliar de operacións industriais para a súa inserción laboral

No segundo atenderase a un total de 35 persoas de familias que se atopen en situación de especial dificultade ou exclusión social para mellorar a súa empregabilidade, na que se capacitará as participantes nas profesións máis demandas no lugar.

E no terceiro traballarase o uso de TICs cas persoas maiores do concello de Pontecaldelas.

En Abegondo, Carballiño e Monforte desenvolverase un programa para a mocidade de entre 16 aos 18 anos para mellorar as competencias e habilidades dos mozos para a súa incorporación ao mercado laboral e reducir o abandono escolar. Serán un total de 225 mozos e mozas.

En Pontevedra, Redondela e Pontedeva desenvolveremos VIDA COMPARTIDA, un programa dirixido ás persoas maiores para á promoción da súa autonomía persoal, envellecemento activo e prevención da dependencia. Achegarémonos a perto de 200 persoas para ofrecer actividades para paliar a soidade non desexada, fortalecer as redes de apoio no rural, formación no uso dos móvilessmartphones, formaremos ás persoas sobre coidados e atención aos maiores no fogar, entre outros servizos de apoio.

O derradeiro programa VIVIR CO RURAL, vencellado ao desenvolvemento no rural levarase a cabo nas localidades de Pontevedra, Redondela, Monforte de Lemos e Betanzos para motivar ás persoas en situación de exclusión a producir alimentos para o autoconsumo e formalas en posibles campos do mundo rural xeradores de ingresos. E na sensibilización aos máis novos sobre a importancia do rural e o coidado do medio.

Con esta alianza, dende REDEVITAL queremos acadar un aproveitamento de recursos públicos facendo unha programación completa en base as distintas especializacións que aporta cada entidade, mellorando así a oferta e o servizo que se lle ofrece a cidadanía. Xuntas dispoñemos dun equipo multidisciplinar con técnicas de traballo experimentadas a través dos anos e unha alta especialización nos sectores rurais, empresas, formación e colectivos desfavorecidos.

Pola súa parte, a Asociación Boa Vida, consolida coa participación nesta rede o traballo de loita contra a pobreza que ven desenvolvendo na cidade, coa reciclaxe e as tendas de segunda man, amplía a intervención ao rural pontevedrés e na formación para a busca de emprego.

A Fundación Formavigo, especializada en formación e inserción laboral en Vigo, abre nesta nova etapa na REDEVITAL, novas liñas de traballo no rural e na atención ás persoas maiores noutras localidades, como é o caso de Redondela.

A Fundación Impulsarse, continúa na súa labor da mellora da calidade de vida de persoas en risco de exclusión social mediante o acercamento ao uso de TICs, a intervención na mocidade para unha orientación laboral práctica, a inclusión na empresa ordinaria de persoas con discapacidade e o asesoramento a familias que se atopan nunha situación crítica no eido do empleo. A traxectoria da Fundación no eido da inserción sociolaboral facilita a estes colectivos todas as ferramentas necesarias para a consecución dos seus obxectivos.

IRPF, RedeVital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra-Trado / Pontedeva (Ourense)
986 101 116 / 604 237 244

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.