Presentación Guía de Recursos do Concello de Pontevedra

Guia Recursos Pontevedra

O venres 8 de novembro a nosa entidade inicia as visitas, a diferentes lugares da cidade de Pontevedra, para a Presentación da Guía de Recursos do Concello de Pontevedra, editada e impresa pola nosa asociación. Nesta guía atoparás as axudas e recursos sociais que a nosa cidade te facilita.

O venres 8 as 19:30 horas na Asociacións de Veciños San Roque (Travesía Hermanos Pazó Montes, 2 – Pontevedra), terá lugar o acto da presentación da guia de recursos e ademáis poderás asistir a Charla formativa “Maiores no ámbito social e xurídico” impartida polas nosas colaboradoras Maribel Álvarez (avogada) e Viki Abadía (traballadora social).

A entrada e de balde ata o aforo do local, así que se te interesa date prisa e ven a coñecernos.

Podes consultar a ubicación da Asociación de Veciños na seguinte ligazón:

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN ROQUE PONTEVEDRA

Guia Recursos Pontevedra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra-Trado / Pontedeva (Ourense)
986 101 116 / 604 237 244

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.