Recollida de axuda humanitaria

A asociación Boa Vida, está colaborando coa asociación A.I.R.E. (Asociación Integral de Rescate en Emergencias) nesta campaña de recollida de axuda humanitaria a través do proxecto “Elna Maternity Center” que traballa coas mulleres refuxiadas embarazadas na zona de Atenas.

A recollida levarase en varios puntos de Galicia, e na zona de Pontevedra estaremos a recoller na Oficina de Dereitos e Deberes Sociais de Boa Vida (Rúa da Seca, 3 – baixo Pontevedra). Iniciaremos a recollida o día 7 de xuño e rematará o día 21 de xuño.

Precisamos:

Atún en lata, aceite de xirasol , galletas de almorzo, Té negro, cepillos de dentes, compresas, cuchillas de afeitar, desodorante, cueiros talla 5, leite de continuación 1 e 2 , cereales para bebé.

Importante:

Non recollemos cousas que non aparezan nesta lista porque non podemos xestionalas.
Por favor, non achegar nada con cerdo ou grasa de cerdo ni con alcohol.

AIRE, Axuda humanitaria, Refuxiadas

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra - Ourense
674 137 604 | 986 848 159

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.