Renda Básica Incondicional Europea

A asociación Boa Vida sumáse á Iniciativa lexislativa popular impulsada pola Plataforma Cidadán Europea EUREKA.

O obxectivo desta rede é visibilizar a necesidade de crear unha renda basica incondicional europea, a entidade pontevedresa xa realizou unha presentación pública o sábado 29 de maio na Praza da Peregina.

O voluntariado da entidade sumouse a esta acción iniciada en Galicia no mes de setembro do 2020, dende entón está recollendo sinaturas de forma electrónica, (rentabasicaeuropea.eu nº sinaturas en Europa: 121..529; en España 19.793), precisándose 100.000 en España e 1..000.000 en Europa. Facilitouse ademáis información e formación realizando seminarios dedicados á temática.

Boa Vida forma parte do movemento cidadán pola renda básica europea, que pretende, alcanzar os obxetivos de dignidad humana, libertade e igualdade contemplados nos textos fundamentais da Unión Europea, máxime nestes tempos de incerteza.

Xa antes do COVID-19, contabamos con emprego precario, e traballadores pobres, polo tanto faise mais precisa que nunca, unha renda básica universal, tanto para mellorar a vida das persoas que traballan, como para todos os aspectos vitais en xeral e o sostemento do benestar global.

Esta proposta, está vinculada co primero obxetivo sostible da ONU da axenda 2030, erradicación da pobreza, a proposta que se fai ó Parlamento e á Comisión Europea, aparece como unha solución, non burocratizada, non estigmatizadora e emancipadora da cidadanía, xa que é Universal, Incondicional, Suficiente para manter unha vida digna.

Asemande, constátase que a fenda dixital xa está mermando o mercado de traballo remunerado: non hai traballo para tódalas persoas o que implica que a ocupación remunerada non pode ser a única forma de ingresos para o fornecemento de rendas e manter a cohesión social que implica vivir nunha sociade con grandes desigualdades.

A campaña rematará a finais de setembro coa presentación de todalas sinaturas ante o parlamento europeo e Boa vida informará ao respeito.

Podes asinar o teu apoio a esta iniciativa na seguinte ligazón:

https://eci.ec.europa.eu/014/public/#/screen/home

#boavidainclusionactiva #RBI #RentaBasicaIncondicional

boavidainclusionactiva, rbi, rendabasicauniversal

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra - Ourense
674 137 604 | 986 848 159

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.