Repensando o Voluntariado

Na vida diaria de Boa Vida, o voluntariado é parte moi importante do seu día a día. Entendemos que a labor que exercen os voluntarios e voluntarias é moi importante en tódalas entidades, e por eles e elas imos organizar un encontro entre distintas asociacións de Pontevedra a fin de Repensar como podemos mellorar o traballo con elas e eles.
O vindeiro 22 de outubro as 18:00 horas levaremos a cabo un encontro “Repensando o Voluntariado” con representantes de entidades da cidade. A finalidade é por en común os cambios, que nos últimos meses se deron en relación coa acción voluntaria.
Este encontro será retransmitido mediante Zoom
As persoas que desexen, previa inscripción, poderán participar de dúas formas: Presencial (na nosa Oficina de Dereitos e Deberes Sociais, ata un máximo de aforo de 9 persoas) ou por Zoom.
Inscripcións a través do teléfono 698 124 762 ou no email oficinadereitosociaisboavida@gmail.com
AGARDÁMOSVOS!!!!