Skip to main content

Rolda de prensa 7º aniversario Asociación Boa Vida

A asociación Boa Vida

CELEBRA NO SEU 7º ANIVERSARIO

O INCREMENTO DO 20% NAS SUAS DOAZONS

Para devolver e compartir esta solidariedade organiza charlas, mercado transparente e grandes descontos

A asociación, que leva 7 anos apoiando as persoas en situación de pobreza e exclusión da cidade, quere agradecer á cidadanía o seu apoio e felicitar as familias que conseguiron sair adiante polo seu esforzo e tesón.

Esta asociación que partiu dun orzamento cero no 2012, onde a parroquia de Monte Porreiro e Traperos de Emaús de Pamplona apoiaron saldou o 2018 con fondos suficientes que lles permite continuar a actividade pero as necesidades de formación e ingresos fan que a lista de espera de persoas que queren participar sexa longa, mais de 10 familiars esperan para obter ingresos.

As persoas que acudiron a facer doazóns, que foron no 2018, 2351 o que supuxo un aumento do 20% con respecto ao 2017, se facemos un promeido cada persoa entregaría 7 kg de roupa e calzado do cal o 60% é reutilizable, Asemade recibimos constantemente mobles, pequenos aparatos electricos, menaxe de fogar, etc, que teñen us prezos solidarios tanto na Tenda como no Almacén, (debaixo de Fidauto Carretera de Vigo). Esta expresión de solidariedade da cidadanía pontevedresa ampliase as peticións de mudanzas, traslados, limpeza de trasteiros...que suman aos ingresos que se facilitan as persoas en situación de pobreza a mais de 20 familias de forma indirecta e a 5 de forma estable.

Agradecemos pois esas doazóns as persoas que de forma voluntaria achegan o seu coñecemento e tempo, precisamos mais voluntarios, Chámennos!!!. 88616950, 605399142 que fan posible que sigamos traballando e pedimos a cada persoa que nos coñece que lle fale de nós a todos os seus veciños para que a solidariedade vaia en aumento e a pobreza se reduza ganando todos en calidade de vida.

Grandes descontos, Durante esta semana temos descontos en todos os articulos á venda, por exemplo, de un 50% de rebajas. Comenzamos con todo tipo de calzado, co cal por 1,50 poden atopar calzado para toda a familia, Asemade, os pantalóns teñen un prezo de un euro, co desconto, e as prendas de inverno (abrigos, cazadoras, …) están cun destonto super especial de 3 prendas por 4 euros. Todos os descontos se irán aplicando semana a semana nos libros, xoguetes, peluches, puzles e todolos productos tanto na Tenda Solidaria como No almacén.

Por outro lado na Oficina de Dereitos e Deberes Sociais, informaronse mais de 500 persoas, das que 52 continuan cos programas formativos e informativos de forma estable, ate que acadan un posto de traballo ou autonomia plena na xestión das súas vidas e participación social. Esta actividade está financiada pola Xunta de Galicia e o fondo Social Europeo, tamén a Deputación e o Concello de Pontevedra achegan pequenas cantidades que contribuen con dous micro proxectos.

Charlas Os nosos dereitos:

  • Comprender a factura da luz e posibles descontos.

    Xoves 2 de maio 17:30 na EPA, 4º piso aula 1.

  • Información Sociedade de Acollida para inmigrantes. Inico 7 de maio 21 horas.

  • Guia de axudas sociais en centros culturais.

  • Como protexernos antes a discriminación.

Mercado transparente- Coa celebración do día internacional do Comercio Xusto, AMARANTE E BOA VIDA, e MANOS UNIDAS Ofrecerán desgustación de productos de comercio xusto regalo de peluches e información, referente ao consumo responsable, así como dos proxectos de cooperación e formas de colaborar coas tres organizacións, o 4 de maio, na Praza do Hospital Provincial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *