O mércores 18 de setembro demos inicio o grupo de busqueda de emprego na Asociación Boa Vida. Este grupo traballará, durante varias sesións, os entresixos do mundo laboral e como acceder e afrontar unha entrevista de traballo. Agradecer a tódolos presentes na primeira sesión, e convidar a aqueles que queiran acceder o grupo. Se estás interesado en participar en próximas sesións non dubides en achegarte as nosa Oficina de Dereitos e Deberes, na rúa Álvaro Cunqueiro, 2 para que che podamos indicar como participar.