Campaña solidaria 0,7%
Ante a crise económica e psicolóxica que o virus COVID-19, crea na nosa cidadanía, queremos ademais de dar tranquilidade e pedila, cos apoios psicolóxicos pertinentes, tamén dar e pedir apoio económico coa campaña 0,7%.
As razóns de ser desta campaña nace no impulso dos nosos traballadores que queren colaborar coas persoas que non teñen ingresos ou estes son escasos, xa de por si, en Boa Vida temos un fondo solidario que se usa en forma de microcreditos, e con esta campaña damos un paso mais.
Partindo dos piares de solidariedade, loita e traballo, articulamos unha campaña que ten o lema que fai mais de 23 anos, (1996) puxo en marcha o movemento 0,7%, no que se reclamaba que os gobernos dos países “desenvoltos” achegasen o 0,7% dos seus orzamentos á Cooperación Internacional para paliar os efectos inxusto reparto da riqueza no mundo.
Por iso solicitamos esa cantidade, pode parecer pequena pero se somos moitos os que o facemos durante uns meses, teremos un bo fondo para afrontar con dignidade esta pandemia.
[box]
Se queres colaborar, podes facelo ingreso no seguinte número de conta:
ABANCA: ES07 2080 5480 9830 4012 9689[/box]
As persoas que colaboren por favor, vos pedimos que vos poñedes en contacto, para poder agradecer a túa achega e informar do seguemento do proxecto.
Sabemos que teredes dúbidas como : canto fai falta? – canto queremos recadar?
Non o temos calculado, neste momento e ate fin de mes as necesidades están cubertas, esta campaña ten un primeiro obxectivo que non ten que ver cos fondos recadados, este obxectivo saber:
¿Somos capaces de dar parte do que temos en irmandade?.
Neste audio poderás escoitar a entrevista feita a presidenta de Boa Vida, Pepa Vázquez, no progama “Galicia por diante” da CRTVG, explicando a Campaña 0,7%“
Se queres colaborar, podes facelo ingreso no seguinte número de conta ou poñerte en contacto con nos para ofrecerte máis información:
ABANCA: ES07 2080 5480 9830 4012 9689